miércoles, 22 de diciembre de 2010

O cheiro dos contos encheu a Biblioteca de Chapela


Co seu espectáculo A que cheiran os contos? a compañía Tarabelos mergullounos naqueles contos que forman parte da nosa memoria. Polgariña e o Gato con botas divertiron a nenos e a grandes e lles fixeron soñar cun Nadal cheo de arrecendos e de maxia.

Con Polgariña nos volvemos máis cativos ca unha bolboreta:


E co Gato con Botas cruzamos ríos e percorremos os tellados da cidade:



Con este espectáculo, realizado grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Concellaría de Cultura de Redondela, as Bibliotecas de Redondela desexaron a nenos e adultos un moi feliz Nadal 2010.

No hay comentarios: