omo non podía ser doutra maneira, chegado o tempo de Nadal os clubs de lectura desexan xuntarse para cantar, xogar e comer todos xuntos riquísimos doces preparados e cociñados por nenos e adultos.
Con Leo, divertidísima conductora destas actividades, fixemos xogos de adiviñación e de maxia, contamos chistes e mais gastamos algunhas bromas.
Con Leo, divertidísima conductora destas actividades, fixemos xogos de adiviñación e de maxia, contamos chistes e mais gastamos algunhas bromas.
Algúns dos rapaces tamén se animaron a amosarnos os seus propios xogos:
E, finalmente, cantamos panxoliñas (ainda que ás veces desafinabamos un pouco...) e comemos todos os doces e postres que tiñamos preparados.
Podedes ver o vídeo da actividade, cortesía de Vigovídeo:
Podedes ver como referenciou Faro de Vigo a nosa actividade.
Dende os clubs de lectura (infantil e de adultos) desexámosvos a todos que pasedes unhas boas festas de Nadal e que o aninovo vos traia moita felicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario