viernes, 14 de enero de 2011

Premio de Poesía Infantil "Luna de Aire"

A
obra "En la plaza quieta" foi distinguida co Premio de Poesía Infantil "Luna de Aire" que convoca o CEPLI (Centro de Estudos de Promoción da Lectura e a Literatura Infantil) da Universidade de Castela-A Mancha. A obra foi presentada baixo o pseudónimo Andévalo que pertence a Antonio Núñez Torrescusa, natural de Sanlúcar de Barrameda (Cádiz). Nesta oitava edición presentáronse unhas duascentas obras das que oito chegaron á fase final. O premio, dotado con 3.000 euros, é o segundo mellor dotado de todos os que se conceden en España na modalidade de poesía infantil.



Publicar un comentario