jueves, 3 de febrero de 2011

Exposición A Coca en Redondela en Mil Imaxes, no Multiusos de Chapela


Do 1 de febreiro ao 15 de marzo pode visitarse no Edificio Multiusos Piñeiral do Crego, en Chapela, a mostra A COCA DE REDONDELA EN MIL IMAXES. Continúa así o traxecto desta exposición na que se repasa a relevante figura da Coca de Redondela a través das súas múltiples representacións ao longo de máis de cen anos: na cerámica, nos maios, na publicidade, na cartelería, en fotos do arquivo Cal, na ilustración infantil, etc. Tamén, gracias o texto do historiador José Martínez Crespo, se lle dá cumprida explicación ás súas orixes e simboloxía,e se ilustra a súa aparición na literatura galega (textos de Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro...).

A mostra irá acompañada dun CONCURSO DE DEBUXO para rapaces e rapazas, co tema central da Coca. Este terá lugar o xoves 24 de Febreiro, de 17:00 a 19:00 h.

O concurso premiará ás mellores imaxes da Coca segundo un xurado formado por representantes das asociacións culturais de Chapela.
Faránse 3 categorías por idades:
- De 4 a 6 anos
- De 7 a 9 anos
- De 10 a 12 anos
Os premios consistirán en lotes de libros xunto con outras sorpresas.
Para participar é preciso inscribirse previamente na biblioteca.


Organiza CONCELLERÍA DE CULTURA, CONCELLO DE REDONDELA
Publicar un comentario