Como xa levamos facendo con outros cursos, recibimos a este grupo de estudantes para darlles a coñecer o que é unha biblioteca pública, como funciona e que servizos lles pode ofrecer aos cidadáns. Dentro da súa formación, estes alumnos precisan coñecer as ofertas de lecer e tempo libre que lles pode ofrecer o seu entorno, e nas que poder obter recursos cos que dar apoio ás persoas ou colectivos que precisen asistencia.
A través dunha presentación, e cos propios materiais do centro, lles explicamos como a biblioteca cumple un papel esencial na dinamización da cultura, garantindo o acceso dos cidadáns á educación, a cultura e a información. Amosámoslles como está organizada a nosa biblioteca e como facer búsquedas no noso catálogo. Tamén lles introducimos nos criterios que seguimos para ordenar e clasificar os libros.
Doutra banda, lles achegamos exemplos das distintas actividades de animación e dinamización que facemos dende os nosos centros para diferentes públicos e colectivos. Por último, ofrecémoslles bibliografía (novelas, cómics, álbumes ilustrados ou contos), nas que se abordan diferentes realidades sobre a vellez, a enfermidade ou a discapacidade, co fin de que poidan atopar neles novos enfoques, alonxados do académico, sobre a temática da dependencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario