viernes, 18 de febrero de 2011

Servizo de préstamo de libros electrónicos nas Bibliotecas Públicas do Estado

A Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, puxo en marcha un programa que ten como obxectivo a introdución do libro electrónico nas Bibliotecas Públicas do Estado, de maneira que os cidadáns poidan tomar en préstamo tanto os dispositivos lectores (os e-readers), como os propios contidos ou libros electrónicos (e-books).
Na primeira fase do programa dotouse dunha media de 50 dispositivos a 15 Bibliotecas Públicas do Estado, co fin de que poñan en marcha un servizo de préstamo a domicilio tanto dos aparellos lectores como das obras en dominio público que conteñen os e-readers e que estarán precargadas, ben no propio dispositivo, ben a través de cartóns SD. O importe do investimento dedicado a este programa alcanzou os 130.000 euros.

Bibliotecas que prestan o servizo

As Bibliotecas Públicas do Estado que participaron nesta primeira fase son: Ciudad Real, Huelva, La Rioja, Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Mérida, Murcia, Oviedo, Palma de Mallorca, Santander, Santiago de Compostela, Tarragona, Valencia, Valladolid e Zaragoza.
Publicar un comentario