miércoles, 30 de marzo de 2011

A fotografía interior máis grande do mundo corresponde a unha biblioteca

Fai click na imaxe e accederás á web onde poderás ver a foto.
Proba a ver cada un dos seus detalles manexando o zoom!

A foto interior máis grande do mundo corresponde á famosísima biblioteca do século XVIII do Mosteiro Strahov en Praga. A imaxe foi tomada por Jeffrey Martin, fundador de 360 cities, un sitio que reúne fotografías panorámicas de diversos lugares do mundo.

A foto é de 40 gigapixeles de tamaño, (40.000 megapíxeles) de 280.000 x 140.000. O arquivo pesa nada menos que 280 GB, e foi cortada en 85.000 láminas para poder ser visualizada en Internet. Como é tan grande, pódese ir desde as vistas xerais aos detalles máis pequenos facendo zoom, co que ata podemos ver os títulos de cada libro.

[Ver nova en: www.fayerwayer.com]
Graciñas a Annabel por informarnos.
Publicar un comentario