martes, 1 de marzo de 2011

Escritores e ilustradores de Galicia nominados este ano pola OEPLI

Agustín Fernández Paz, candidato ao Premio Andersen e Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil. O fallo do Xurado farase público na Feira de Bolonia de 2012 e a entrega de Medallas durante o 33º Congreso de IBBY, que se celebrará en Londres, o mesmo ano.
Para a prestixiosa Bienal de Ilustración de Bratislava (setembro e outubro de 2011) a OEPLI conta este ano, na categoría de «ilustrador de libro editorial», cos galegos Anxo Fariña (polo titulado No castelo de Mabel, A Nosa Terra), David Pintor (por Contos para nenos que dormen deseguida, Kalandraka) e Kristina Sabaite (polo libro Mamá Cabra: Ola, ola, la!, Galaxia),
Máis información
(Vía Galix e AGPI)
Publicar un comentario