miércoles, 30 de marzo de 2011

Victor Freixanes, Premio Irmandade do Libro


Víctor F. Freixanes recibiu o "Premio Irmandade do Libro ao Mellor Autor do Ano 2010", galardón que concede anualmente a Federación de Libreiros de Galicia. Freixanes recibirá o premio o vindeiro sábado, 2 de abril, nunha cea literaria en Narón. Esa noite daranse a coñecer os premios nas outras modalidades: o libro do ano, unha iniciativa editorial, unha librería, unha institución e unha iniciativa a favor do fomento da lectura. O galardón a Víctor F. Freixanes é o único que deron a coñecer oficialmente os libreiros antes da celebración da cea do próximo sábado. Considerárono "autor do ano" "pola publicación da súa novela 'Cabalo de ouros', tras dezasete anos sen publicar obra de ficción ('A cidade dos césares', 1993), ademais de por a súa traxectoria literaria, non só como escritor, senón a favor da lingua e da literatura galega".

No hay comentarios: