jueves, 17 de marzo de 2011

Web sobre Lois Pereiro

Quedan dous meses para que festexemos o Día das Letras Galegas. Entretanto, Blogaliza pon á nosa disposición unha páxina sobre o autor homenaxeado deste ano: Lois Pereiro.

A web non soamente recolle con detalle as noticias xeradas arredor do poeta, senón que ofrece unha serie de contidos sobre a súa figura, tanto literarios como gráficos e audiovisuais (poemas, fotos e gravacións de audio e vídeo), boa parte deles de utilización libre para usos non lucrativos. Igualmente, permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos. Tamén inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente.
Lois Pereiro está xa presente nas redes sociais. O seu grupo de Facebook conta xa con case un milleiro de seguidores, e tamén ten unha forte presenza en Twitter, onde as mensaxes sobre o poeta se agrupan co hashtag ou etiqueta #pereiro.
A páxina oficial de Lois Pereiro foi desenvolvido por Algueirada S. L. e conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

[Fonte: blogaliza.org]
Publicar un comentario