sábado, 30 de abril de 2011

Cos compañeiros do Conservatorio de Vigo

Onte, a nosa compañeira Mª José estivo no Conservatorio Profesional de Vigo.
En colaboración co CFR de Vigo impartiu unha charla e intercambiou iniciativas cos nosos compañeiros no traballo de dinamizar e ampliar as posibilidades da biblioteca do seu centro. Faloulles das nosas bibiotecas e das actividades que realizamos, e propúxolles algunhas ideas que se poderían desenvolver no seu espazo bibliotecario.
Agardamos que as nosas pequenas experiencias lles sirvan para sacar adiante o seu proxecto.
Publicar un comentario