miércoles, 13 de abril de 2011

Entrega do I Premio de Álbum Ilustrado "Peles Guedellas"

S
i, un ano,
un ano completo, cos seus 365 días, e as súas noites de insomnio e preocupación, pero tamén con ilusións e retos, que se van cumprindo, malia a crise, a rescates e a días en solitario. Un ano que se consuma o 30 de abril, grazas a case setenta regalos de contos contados, nos que tivemos a presenza da sempre disposta Alexia, pero tamén de Cris, de Inma; sesións de narración oral, como a de Isa; cunha obra de teatro inédita con Cris Collazo; un concerto de Gustavo Almeida (iso é unha voz e o demais parvada); contacontos (in)formativos para adultos, desexosos de saber máis e ser máis peques; obradoiros para mediadores á lectura... E non é máis que o comezo, os primeiros 365 días, aos que seguirán 365 máis, e máis e máis, os que nos permitades.
Por iso convidámosvos o sábado día 30 de abril, a partir das 18h. a celebrar connosco a gran festa do noso primeiro aniversario, co@s amig@s de sempre e @s que fixemos este ano, que non son poucos nin pouco fieis. Alí contaremos, comeremos, beberemos, cantaremos e faremos realidade un soño fermoso: a entrega do I Premio para niñ@s de Álbum Ilustrado "Peles Guedellas". Non faltedes, porque vos esperamos, coma sempre, e emocionadas como nunca.
(Enviado pola Librería Peles Guedellas)

No hay comentarios: