Picar na imaxe para amplialaPara celebrar o Día Interncional do Libro Infantil e Xuvenil,
a biblioteca e o IES Pedro Floriani prepararon onte unha festa realmente especial con dous invitados moi particulares:
Ray Bradbury e Oscar Wilde, revividos polos alumnos deste instituto.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEieC9pebzjmaZDM-KXyKUlnIEyNImLYFR6RbeIAL_OB2CA4_9hI2TofrtQyw6OPetYKYr8zQPuTxgwgghOvdN4h7_ISnbtkmOR7SQfO3CNkS4B3UfdOLg_UebzXPjBq038E5U0C33FfFr8C/s200/Actualizado+recientemente2.jpg)
A introdución do acto realizouna a nosa directora, María Elena, que nun vibrante discurso declarou a súa fe no poder e a actualidade da palabra en tempos da imaxe; para, posteriormente, explicar a orixe da efemérides, celebrada en honra ao danés universal
Hans Christian Andersen. ![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj4J-ijfVxiYQt54IxhW2CyiuJixHPNvskuasiUr3apFDnN4Pl60MXevLvRSqgoOG224eJ5_U2YkXdHRJWVRiJHxNCW1RUno6I6M3vmnwpX6KlQezTHfpndjAcJKBaMIxuhZO_Kn0pcoJbB/s200/Actualizado+recientemente3.jpg)
Chegou a quenda das presentacións, e con el, algunhas zumentas anécdotas sobre os dous autores e as súas obras.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi-lV0rAXnPLyNbnJyOFZinKItKf40rJYQ_xC9DYESfDBdX48-yHB1FpIWeOLNUdmI9sq_v4k6tbyKYNz2-POlu6kw4w8qMexN1aDPd2XgO3McYu6PEyaSACefhSbbAj8BUcCUPhCd6IVhP/s200/Actualizado+recientemente5.jpg)
Os mozos leron brillantemente
a declaración deste ano , para posteriormente recitar a poética historia de amor de
"El ruiseñor y la rosa", de tal modo que, unindo as
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhvmm5pgMqO8BV3fd5D5uDsJZxjhhzjUzK2R8BQ2coM2cdYzk7TIWzsvFO6UP91p69cDJx3fN576PXoN2JgWeMbRgVrya1PKAx6JfDpocYhyphenhyphenhFlBmFi-K_lMgPLf991RQR62pQuO9uhkJ2p/s200/CIMG0019.JPG)
súas voces, completaron o conto. Esta experiencia foi dinamizada cunha presentación preparada pola profesora Pilar Dios, que achegou un coidado fondo musical e de imaxes ao recital. Finalmente, recreáronse diversos fragmentos significativos de
"Fahrenheit 451," un libro que propón a vixencia do libro e a súa capacidade de transcendencia. Para este evento a sala foi decorada con dous delicados murales alusivos, elaborados polos alumnos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgqc4sn-5_pch2vrdtkwhMJpcOoKnkQNFY8Eb_5josdAZHSFFqxNjVAgwRjrjq4QNQWtJi6LNlSLwBsjeumRSgKCjH7H0DjBAo4e_71p8wL-mnb3MKsEGWnfKjeqZNugwLtBRYcLOUYeYml/s320/Actualizado+recientemente6.jpg)
Aínda que non houbo torta de aniversario para Andersen, si agasallos: sorteáronse entre os asistentes dous lotes de libros, porque...
¡o único xeito de non ser "parruliño feo" é ler!
2 comentarios:
Moitas grazas compañeiro polo do "vibrante discurso"
Foi fiel reflexo da realidade. :)
(Fdo. O compañeiro)
Publicar un comentario