jueves, 7 de abril de 2011

Premio Frei Martin Sarmiento

Onte fallouse o Premio Frei Martín Sarmiento, un certame que dende hai sete anos premia, cos votos dos alumnos e alumnas, as que consideran mellores obras escritas para o seu chanzo de idade. Nesta edición participaron arredor de 2400 escolares galegos que, na categoría de 1º e 2º da ESO decidiron premiar a obra ‘Chamádeme Simbad‘ de Francisco Castro, mentres que na de 3º e 4º optaron por Carlos Vila Sexto e a súa exitosa ‘As sete mortes‘.
Fonte GALIX

No hay comentarios: