ste venres a biblioteca de Chapela tivo o grande honor de recibir a un grupo de poetas de grande altura, que nos fixeron disfrutar dunha intensa xeria chea de sentimentos, emocións íntimas, crítica social e política (aproveitando as circunstancias electorais nas que nos vemos inmersos estes días), e tamén humor retranqueiro.
Carmelinha García Pereira, poeta viguesa, recitounos poemas dos autores clásicos, como Cunqueiro ou Celso Emilio. A súa declamación intensa e vigorosa espertou as emocions do auditorio.
Asunción Arias achegounos ao mundo rural das mulleres galegas, recorrendo a variados e acertados para atraer a atención e implicar ao espectador.
Belem de Andrade, irónica e retranqueira, achegounos poemas feministas, de ton moi irónico que nos fixeron sorrir (e tamén botar algunha gargallada) a todas e todos os presentes.
O ourensano Carlos Rafael tamén incidiu no humor e a retranca, en versos críticos co seu tempo os uns pero tamén afondadores dos seus sentimentos os outros.
Rosa García Machado iluminou o encontro coa intensidade da súa poesía emocional e intimista.
E, por último, Nolim González, que nos ofreceu a súa poesía-performance, acompañada de música electrónica e algúns recursos interpretativos. Poesía crítica e combativa frente ás convencións sociais e a inacción.
Ao rematar o evento, achegámonos ata o parque-mirador do Piñeiral do Crego para tomar un delicioso refrixerio ao qeu nos convidou Nolim. Os poetas recibiron un agasallo-recordo por parte das bibliotecas e, coa colaboración de Verónica e de Estrella, do grupo Anaquiños acompañamos este momento de encontro no solpor con música.

No hay comentarios:
Publicar un comentario