lunes, 2 de mayo de 2011

Os mellores do Banco do Libro

O Banco do Libro anunciou, o venres 29 de abril, aos gañadores da trixésimo primeira edición deste evento que premia os mellores libros para nenos e mozos publicados en Hispanoamérica. Este ano, como novidade, os mozos incorporáronse ao xurado. Por outra banda, a imaxe do evento é autoría de Shaun Tan, gañador de dous premios internacionais este ano: o Oscar da Academia polo curto animado "La cosa perdida" e o Astrid Lindgren Memorial Award pola súa obra como autor e ilustrador.
Aquí a nova completa con todos os premiados
Publicar un comentario