lunes, 6 de junio de 2011

Galegobook

"O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...). Para facilitar a procura de material, no Galegobook acharás un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Ademais, ao final de cada entrada, as persoas usuarias poderán engadir os seus comentarios para o compartiren co resto de lectores. Ao mesmo tempo, tentaremos publicar os artigos máis salientábeis que, sobre o galego, aparezan na prensa tradicional e nos novos medios." Malia que a páxina está en construción, conta con publicacións destacadas como o informe elaborado en 1954 de denuncia da persecución do galego presentado perante a UNESCO.

No hay comentarios: