Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (CILIJ) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez pon en marcha este verán a 24ª edición do programa de extensión bibliotecaria Libros al Sol.
Con esta iniciativa, que se concreta nun servizo de préstamo de coleccións de libros, a Fundación intenta achegar os libros aos lectores infantís e xuvenís no seu tempo de lecer e facilitar a presenza dos mesmos nos lugares que contan cunha importante afluencia de nenos e mozos no verán: núcleos rurais, campamentos de verán, piscinas, Centros abertos e outros polo estilo.
O programa adopta un modelo de seleccións "á carta" co obxectivo de axustarse máis ás necesidades particulares de cada participante e deste xeito dota a Concellos, centros culturais e educativos, ONG`s e resto de destinatarios con coleccións que, constituídas por un fondo que chega en moitos casos aos 400 libros, potencian durante o período estival a oferta dispoñible nas instalacións das entidades e organizacións participantes.
As seleccións de libros contemplan lectores de idades comprendidas entre os 3 e 18 anos, con materiais dunha variada tipoloxía que pretende satisfacer diversidade de gustos e intereses (contos, libros informativos, libros-xogo, novelas, poesía, cómics,...). Nalgúns casos incorporan títulos en distintas linguas (inglés, francés, alemán, árabe, etc.)
Para participar no programa Libros al Sol, poden solicitalo a través dun destas canles:
Dirección postal:Con esta iniciativa, que se concreta nun servizo de préstamo de coleccións de libros, a Fundación intenta achegar os libros aos lectores infantís e xuvenís no seu tempo de lecer e facilitar a presenza dos mesmos nos lugares que contan cunha importante afluencia de nenos e mozos no verán: núcleos rurais, campamentos de verán, piscinas, Centros abertos e outros polo estilo.
O programa adopta un modelo de seleccións "á carta" co obxectivo de axustarse máis ás necesidades particulares de cada participante e deste xeito dota a Concellos, centros culturais e educativos, ONG`s e resto de destinatarios con coleccións que, constituídas por un fondo que chega en moitos casos aos 400 libros, potencian durante o período estival a oferta dispoñible nas instalacións das entidades e organizacións participantes.
As seleccións de libros contemplan lectores de idades comprendidas entre os 3 e 18 anos, con materiais dunha variada tipoloxía que pretende satisfacer diversidade de gustos e intereses (contos, libros informativos, libros-xogo, novelas, poesía, cómics,...). Nalgúns casos incorporan títulos en distintas linguas (inglés, francés, alemán, árabe, etc.)
Para participar no programa Libros al Sol, poden solicitalo a través dun destas canles:
Centro Internacional del Libro Infantil y Juvenil
Fundación Germán Sánchez Ruipérez
-A la atención de Marisa Pata-
C) Peña Primera 14-16
37002 Salamanca
Teléfono: 923 269 662
Correo electrónico: mpata@fundaciongsr.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario