martes, 28 de junio de 2011

Premios CCEI 2011

O pasado mércores, 15 de xuño, tivo lugar o fallo dos Premios CCEI 2011, en dúas modalidades: Literatura Infantil e Xuvenil e Ilustración.
O Premio CCEI de Literatura Infantil e Xuvenil foi para a editorial Edelvives por "El pintor del sombrero de malvas", escrito por Marcos Calveiro. Na categoría de Ilustración, a gañadora foi a editorial Bruño por "16 Pintores muy, muy importantes", ilustrado por Violeta Monreal e escrito por Óscar Muinelo.
Podedes atopar toda a información sobre o premio, así como os títulos incluídos na Lista de Honra, no blog da CCEI.

Fonte: Fundación Germán Sánchez Ruipérez
Publicar un comentario