viernes, 24 de junio de 2011

A volta de Harry P.

Boas noticias para todos os seguidores do neno-meigo. Outro libro? Non, non, dixemos 'boas', non boísimas...

O rapás, encantado coa noticia.

En vésperas da estrea da película da última parte do sétimo libro anúnciase o lanzamento dun portal temático dedicado a Harry Potter (Enrique Oleiro, en cristián) Alí os usuarios poderán interactuar, ler os libros da saga, participar en diversos concursos e torneos e outras lambonadas.
Non é un libro doce?

A páxina abrirá as súas virtuais portas en outubro, pero xa é posible achegarse a ela, ver un vídeo explicativo copresentado pola autora, J.K. Rowling, con blusa branca e botas de cana alta, e un libro papirofléxico que termina convertido en bufo — para os curiosos, esta é a xina que se usa para esa tarefa.


Un sitio encantador...
Publicar un comentario