miércoles, 21 de septiembre de 2011

Día Mundial do Alzheimer

O 21 de setembro celébrase o día mundial do Alzheimer, data elixida pola Organización Mundial da Saúde e auspiciada pola Federación Internacional de Alzheimer. O propósito desta conmemoración é dar a coñecer a enfermidade e difundir información sobre ela, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral, de institucións e de organismos oficiais.

Este ano, o lema elexido para promocionar a nivel nacional este día por parte da Confederación Española de Asociaciones de Familiares de Personas con Alzheimer y otras demencias (CEAFA) é: “Cada diagnóstico, unha persoa”.

Asimesmo, o 2011 ven estando adicado a esta enfermidade, xa que é o Ano Internacional da Investigación en Alzheimer.

Se estes días falabamos do cómic Arrugas, de Paco Roca, pola súa recente versión cinematográfica, hoxe destacamos tamén outras novelas, álbumes ou contos infantiles que, dun xeito sensible e adaptado ás inquedanzas de diferentes públicos, abordan a problemática desta enfermidade. Podedes atopalos nas nosas bibliotecas.

[Facede click nas portadas]




No hay comentarios: