O lugar onde se reunían entre semana, a iso das oito da tarde, Jorge Luís Borges, coa súa habitual cunca de leite quente, e outros destacados escritores arxentinos, como Macedonio Fernández e Conrado Nalé Roxlo, o café Richmond, tan emblemático como o Café Gijón para Madrid, pechou as súas portas de xeito indefinido. O Richmond atopábase nunha difícil situación económica; os seus donos xa pecharan a área do soto onde se xogaba ao billar, reducido o horario de atención ao público e despedido á metade do persoal, antes de tomar a decisión final.
O Richmond fora catalogado polo municipio como un dos "60 Bares Notables" da capital arxentina
No hay comentarios:
Publicar un comentario