miércoles, 7 de septiembre de 2011

Ruta en veleiro: prazas libres! Animádesvos?

O Club de Lectura de adultos de Chapela vai celebrar unha ruta literaria en veleiro mañá xoves pola tarde.

Dado que na embarcación nos acaban de quedar dúas prazas libres, abrimos aquí unha convocatoria rápida para que, se algún dos nosos usuarios está interesado, se poda anotar na biblioteca de Chapela.

A actividade, de balde, salvo a merenda, terá lugar mañá xoves 8 de Setembro, a partir das 16:00 h.

Se vos queredes anotar, podedes mandar un correo a bibliotecachapela@redondela.es, deixando o voso número de socio e os vosos datos de contacto para que vos chamemos a mañá do xoves .

Publicar un comentario