Un equipo de bibliotecarios,
dirixidos por dona Cordula Reuss, revisou a biblioteca da Universidade
de Leipzig, a segunda máis antiga de Alemaña, en busca de libros requisados pola Gestapo para devolverllos aos seus lexítimos herdeiros.
As investigacións levaron máis de dous anos, e tiveron que ser revisadas un a un antigos, índices, listas e libros para identificar primeiro as obras tomadas e logo descubrir a quen pertencían aqueles libros que, no seu día, foran considerados como "literatura prohibida e nociva."
O selo da infamia
81 institucións ou persoas foron xa confirmadas como os donos reais dos 3.409 libros, como é o caso de Victor Armhaus, un intérprete xudeu que morreu no campo de concentración de Theresiendstadt; algúns dos seus cincuenta e nove 59 libros pasarán agora ás súas sobriñas.
Un bo traballo a favor da dignidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario