lunes, 3 de octubre de 2011

Audiolibros



 Rinoceronte Editora acaba de publicar os primeiros audiolibros dispoñibles en galego. "É unha fórmula estupenda", defende o director da editorial, Moisés Barcia, "dado que existen múltiples actividades nas que non podemos soster un libro de papel nas mans, pero si escoitalo". O audiolibro é un modelo inusual en España aínda que habitual nos países anglosaxóns. Montedidio, de Erri de Luca; Seda, de Baricco; A casa de Mango Street, de Sandra Cisneros; O ano do xardineiro, de Karel Capek; O tradutor cleptómano, de Dezso Kosztolányi e Skugga-baldur, de Sjón, conforman a primeira quenda de obras locutadas . O dramaturgo Santiago Cortegoso, e a actriz Sonia Rúa, poñen voz as novelas. "Trátase de libros xa editados en papel, de extensión breve e divididos en capítulos para facilitar unha escoita descontinua", explica Barcia, "e que ademais tiveron unha boa acollida na súa versión en papel". Superados os tempos do casete -as primeiras experiencias do audiolibro foron nese formato- ou do cedé -cuxas limitacións de capacidade impedían gravar un libro en menos de cinco ou seis discos compactos-, o formato elixido por Rinceronte é o mp3. Os audiolibros de Rinoceronte custarán o mesmo que as edicións en papel, 14 euros.
Publicar un comentario