En moitas ocasións un libro pode non destacar especialmente en canto ao seu nivel literario pero si, achegar variados sentimentos, vivencias,...e o que ocorreu con Los Buscadores de Conchas de Rosamunde Pilcher, o título en torno ao que o club de lectura reuniuse este venres pasado.
Penelope Stern, protagonista desta historia, é filla dun cotizado pintor
de fama internacional. A súa estabilidade afectiva depende dunha serie
de feitos ocorridos no pasado. Conviviu coas súas secuelas
dolorosamente, pero agora está disposta a unir todos os cabos soltos. E
non cejará no seu empeño ata conseguir comprenderse a si mesma e aos
membros da súa familia...
Unha obra que suscitou as máis variadas posicións: desde o rexeitamento absoluto ata a máis calurosa recepción. A consideración sobre a súa natureza de ¿novela romántica?, as reflexións sobre a amizade e as relacións persoais na nosa época provocadas por as actuacións duns persoaxes creados nos anos 80,... unha novela que, a priori sorprendentemente, necesitaría unha segunda revisión para debater todos os frontes que quedaron abertos.
Unha sesión que deixou moi BO SABOR DE BOCA grazas, tamén, ao agasallo co que Andrea Blanco sorprendeunos: unhas tortas e un biscoito de cabaza( como manda a época), que estaban DE MORTEEEEEEEE!!!!! (so hai que ver as fotos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario