A semana pasada foi presentada a publicación La ilustración gráfica en Galicia, 1880-1936, coordinada por María Victoria Carballo-Calero e Jorge Varela, cos traballos de Mercedes Bangueses, Susana Cendán, Ángel López, Marta Filgueira, Marta López e Roberto Vázquez, todos eles membros do grupo AH2 do Departamento de Arte, Historia e Xeografía da Universidade de Vigo.
Ademais das 664 ilustracións recollidas na obra, que dan unha idea acerca de cal era panorama da ilustración en Galicia desde finais do XIX ata o inicio da guerra civil, a web do proxecto permite acceder a todo o traballo de inventario e catalogación dos fondos galegos da ilustración.
Grazas a esta iniciativa, difúndense as ilustracións dos libros galegos da época e tamén o traballo e os nomes dos seus autores, por desgraza sempre considerados nun segundo plano na historia da nosa cultura.
Fonte Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
No hay comentarios:
Publicar un comentario