Na tarde de onte tivemos o noso encontro semestral entre as responsables das bibliotecas escolares dos centros de ensino de Redondela e as das bibliotecas municipais; e onde, por primeira vez, estiveron representados todos os centros de primaria.
Desta vez, a xuntanza tivo lugar no C.E.P. Santa Mariña, no centro de Redondela.
Nun ambiente distendido e moi ilusionante, falamos das novidades relacionadas coa nosa profesión e xuntamos pareceres para desenvolver tarefas colaborativas entre os nosos centros.
Nun ambiente distendido e moi ilusionante, falamos das novidades relacionadas coa nosa profesión e xuntamos pareceres para desenvolver tarefas colaborativas entre os nosos centros.
A primeira tarefa que poremos en marcha nestes días:
Baúl viaxeiro de cómics
Trátase dunha iniciativa das bibliotecas municipais para incentivar aos centros de ensino a que traballen coa banda deseñada nas aulas, e fomentar o coñecemento e a afección pola novena arte dentro da comunidade escolar. A Biblioteca de Redondela dispón dun grande baúl viaxeiro cheo de cómics, que circulará por cada un dos centros ao longo do curso escolar.
OUTRAS TAREFAS DE COLABORACIÓN
- Elaboración conxunta de guías de lectura entre as bibliotecas dos diferentes centros.
- Préstamo compartido de lotes de libros para lecturas colectivas ou clubs de lectura.
- Temáticas anuais do currículum de cada centro. Compartimos información sobre elas, con vistas a poder interprestarnos documentos e material educativo entre as distintas bibliotecas.
- Lecturas obrigatorias nos currícula de aula, con vistas á previsión para adquisicións nas bibliotecas municipais.
- Itinerarios lectores: compartimos experiencias acerca do maior ou menor éxito de diferentes libros e lecturas.
- Blogs e recursos de información e difusión dende cada unha das bibliotecas.
Rematamos a xornada cunha moi apetitosa degustación de pastas, galletas e hoxaldres, que nos ofreceron as anfitrionas. Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario