miércoles, 19 de octubre de 2011

O 24...




ilustración de Sonia Kretschmar

Festaaa!!!!!!


Hai moitas, moitas que celebrar o 24 de outubro: a inauguración da catedral de Chartres, Patrimonio da Humanidade, o tratado de Westfalia que pon fin á "guerra do Trinta anos," a independencia de Zambia... Pero, para nós, a data vén en vermello porque é o Día da Biblioteca; unha xornada moi especial na que festexamos seguir aí, dando servizo e ofrecendo bos momentos a todos os nosos amigos.

Queriamos agradecervos dalgún modo a fidelidade e, como nos encantan os concursos, inventamos un. É moi fácil! Só hai que retirar algún material ese día e automaticamente éntrase no sorteo dun libro... e hai moitos para repartir!

Boa sorte!

1 comentario:

Anónimo dijo...

moi boa idea, vades ter cola ese día.