lunes, 24 de octubre de 2011

Incidencia: biblioteca alagada


Aviso: Biblioteca de Redondela

Desgrazadamente, non é unha simpática broma relacionada co Día das Bibliotecas.

Tras as fortes precipitacións de onte, vémonos obrigados a reconfigurar o sistema de préstamo, polo que é posible que algúns fondos non estean dispoñibles na xornada de hoxe.

Para poder actuar máis eficientemente, rogamos aos nosos usuarios que soliciten o material que desexen no mostrador.

Polo demais, o resto de servizos, hemeroteca, computadores, wifi, sala de estudo... funciona con normalidade e o horario é o habitual.


Desculpen as molestias.

Grazas

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que mágoa!! Sintoo

Anónimo dijo...

recuperense prontooooo
que hacen mucha falta

un beso

La compi tecnológica

Novas das Bibliotecas dijo...

Graciñas polos ánimos, de verdade. Unha aperta