miércoles, 2 de noviembre de 2011

Un Baúl Viaxeiro para aprender a amar o Cómic


Arrinca hoxe o periplo do Baúl Viaxeiro de Banda Deseñada que percorrerá os centros escolares do Concello de Redondela ata o ano 2013, co fin de dar a coñecer esta, nunca suficientemente valorada, novena arte.
103 títulos para diferentes idades e gustos, que intentarán achegar , non só aos máis novos senón, a través deles, aos adultos,  unha disciplina que ainda  moitos consideran  marxinal e inferior artísticamente con respecto a outros productos  culturais.
Todos os que colaboramos nesta iniciativa queremos abrir polo menos unha brecha coa que  comezar a derrubar estes prexuízos e conseguir que un día, non moi afastado, todos digamos con forza e sen medo ao que dirán:   
A MIN ME GUSTA O CÓMIC!!!
Queremos tamén agradecer a Daniel Buján e Rosario Crespo,  o  permitirnos utilizar o contido do curso "Banda Deseñada: coñecelas e utilizalas nas bibliotecas", nesta experiencia.

No hay comentarios: