Non , non é un erro tipográfico; eliximos un maior tamaño de letra para esta entrada para estar na onda coa colección da que vos imos informar:
"Lectura + (Lectura plus)"
"Lectura +" é unha colección con letra grande pensada para satisfacer a demanda de
todas aquelas persoas que por calquera motivo teñen dificultades para
ler libros con estilo e tipografía de tamaño convencional.
Así a colección caracterízase por usar un tipo de letra de fácil
lectura: tipografía palatina con corpo de texto 17 e interlineado de 19
puntos. A pesar destas características especiais, os volumes non
aumentarán o seu tamaño, xa que o formato manterase nos 15 x 23
centímetros e cada edición terá unha media de 288 páxinas, aínda que hai títulos que as superan, por exemplo o que atoparedes nestes momentos na Biblioteca Municipal "Muerte en la Fenice" de Donna Leon (444 p.) (Prometemos aumentar a colección no principio do ano, tanto na biblioteca municipal como na axencia de lectura de Chapela)
A idea naceu en Inglaterra no
ano 1964 impulsada polo empeño de Agatha Christie en que as súas vellas
amigas puidesen seguir lendo os seus libros, pero non foi utilizada en España
ata o ano 2000. 45 anos máis tarde, "Lectura + " naceu co
obxectivo de satisfacer a demanda e achegar obras de autores
universais, clásicos e contemporáneos, a todas aquelas persoas con
dificultades de visión.
O deseño é sinxelo pero lese con agrado e a colección xa conta cunha apreciable variedade.
Desexámoslle unha longa vida pois é unha iniciativa moi necesaria
Aquí podedes acceder a algunhas das obras editadas ata o momento
No hay comentarios:
Publicar un comentario