Hoxe
 cúmprense 161 anos do nacemento de Luís Coloma, escritor, xornalista e 
xesuíta español, especialmente coñecido polo seu labor como autor de 
literatura infantil e moi en especial por crear ao popular Ratoncito 
Pérez.
Luís Coloma naceu o 9 de xaneiro de 1851 en Jerez de la Frontera. Aínda 
que se licenciou en Dereito mantivo unha clara vocación cara á escritura
 durante toda a súa vida, colaborando desde moi nova con publicacións 
como El Tiempo. Xornal político da tarde de Madrid e El Porvenir de Jerez, 
onde deixou moi clara a súa aversión cara á revolución de 1868 e o seu 
apoio á restauración dos Borbóns.
Foi precisamente o Rei Afonso XIII o destinatario do seu creación máis 
famosa: o Ratoncito Pérez. O personaxe é un pequeno rato que deixa 
agasallos a cambio dos dentes que os nenos depositan debaixo das súas 
almofadas, algo que se converteu en tradición en España e Latinoamérica.
 O conto orixinal foi escrito por petición da corte, despois de que ao 
rei, que entón tiña 8 anos, caéseselle un dente.A fama do Ratoncito Pérez de Luís Coloma mantívose ata os nosos días, chegando ata a protagonizar a película 'Pérez, el ratoncito de tus sueños' en 2006. Luís Coloma é ademais autor de numerosos contos curtos e biografías.
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario