lunes, 27 de febrero de 2012

As bibliotecas de Redondela vanse á Lúa. Acompañádenos?


O próximo día 1 de marzo, poetas de toda España e de todo o mundo, sairán ás rúas coa intención de colocar a poesía no lugar que se merece: A LÚA, bo, neste caso, as lúas dos coches das cidades, dos barrios, dos pobos. Suxerimos que ...os poemas non superen os 10 versos, para que sexan máis fáciles de ler. De momento apuntáronse múltiples colectivos e individuos a esta acción poética. Queremos cambiar a forma de viaxar. Queres participar?
(Fonte Poesía en las lunas)
Só é necesario escribilos e polos baixo o limpiaparabrisas dos coches da túa cidade ou pobo. As poesías poden ser propias ou doutros autores.
Para facilitarvos a participación e colaborar no evento, a Biblioteca Municipal e a Axencia de Lectura de Chapela distribuirán poemas, o mércores 29 e o xoves 1, a todos os que vos acheguedes ás mesmas, para que poidades colocalos onde queirades ese 1 de marzo.

Poesía lunática é o grupo en Facebook creado para ir organizar esta acción.
Aquí o evento en facebook
Publicar un comentario