lunes, 20 de febrero de 2012

Contos Grimmosos 2/12

  Volvemos aos señores Grimm e as súas invencións. Hoxe toca viaxar, marchámonos á Baixa Sajonia a visitar a moi nobre vila de Hamelin.


  A que nos soa o nome?

  Pois si, alí sucederon uns horribles sucesos que, de narralos Steinbeck, houbese chamounos "De ratos e de nenos," pero que os nosos irmáns favoritos preferiron relatar como "O frautista de Hamelín."

Como sempre, os nosos escritores recollen unha tradición historica; neste caso se remonta até o século XIII. As primeiras versións contan da desaparición dos nenos, sendo o episodio das ratas un engadido posterior (polo menos dous séculos despois!)

A día de hoxe, nunha rúa de Hamelín, a Bungelosenstrasse, está prohibido tocar música en homenaxe a aqueles nenos perdidos.

  Aquí o conto e, agora, ilustracións!


ilustración coñecida, copia dunha vidreira de Hamelin.

Moi enxeñosa esta imaxe da versión en audiolibro.

Unha estatua do famoso músico na propia Hamelín (Hameln en alemán)

Inconfundible, María Pascual


Vidrieira da Biblioteca  Armstrong Browning



Kaulbach viuno así.




  Para os que queiran practicar o seu inglés, aquí unha fermosa versión da edición de don Robert Browning. E aquí un intento de tradución do mesmo ao castelán.


  E o sonriso!


Publicar un comentario