viernes, 23 de marzo de 2012

"Aficiones peligrosas", a primeira novela de Emilia Pardo Bazán

Con tan só 13 anos, Emilia Pardo Bazán, demostrou a súa madurez narrativa na novela Aficiones peligrosas, unha obra cuxo manuscrito habíase traspapelado entre os fondos da Fundación Lázaro Galdiano e que se publica agora por primeira vez completa. Ese manuscrito, no que a autora reflexa a súa concepción da literatura e o dereito da muller a formarse e a crear, regaloullo en 1898 Pardo Bazán (A Coruña, 1851- Madrid, 1921) a José Lázaro Galdiano, con quen tivera unha breve relación amorosa que logo frutificou nunha longa amizade e en proxectos editoriais como a revista A España moderna. Por aquela época, a escritora mantiña unha relación con Benito Pérez Galdós, e o seu romance amoroso con Lázaro Galdiano, a quen coñeceu na Exposición Universal de Barcelona de 1888, foi de dominio público. 
Esta novela de Pardo Bazán foi publicada por entregas co mesmo título no diario El Progreso de Pontevedra, que era o xeito habitual que tiñan os escritores da época para dar a coñecer as súas obras. A novela era coñecida parcialmente porque en 1989 Juan Paredes Núñez editara un volume con algúns dos capítulos aparecidos no diario galego, do que non se conserva ningunha colección completa. É xa que logo agora cando ve a luz por primeira vez íntegro o manuscrito, de 76 páxinas, de Aficiones peligrosas, que estaba en poder da Fundación. Edítao Analecta e leva un estudo preliminar de Araceli Ferreiro Figueroa.
Publicar un comentario