lunes, 26 de marzo de 2012

Antonio Tabucchi (setembro de 1943 - Lisboa, 25 de marzo de 2012)

O escritor italiano Antonio Tatucchi, falecido este domingo aos 68 anos en Lisboa, considerado como un dos referentes literarios de Europa, distinguiuse polo seu compromiso civil e pola súa paixón pola literatura portuguesa.
Naceu en Vecchiano, Pisa (norte de Italia) en setembro de 1943, e licenciouse en Literatura portuguesa pola Universidade da súa cidade, para pasar despois a traballar como profesor desta materia na Universidade de Xénova e como catedrático na de Siena.
Confeso amante de Portugal, o escritor italiano debutou en 1971 no panorama literario cunha antoloxía de poetas surrealistas portugueses, aínda que a súa primeira obra creativa foi Praza de Italia, unha colección de relatos publicada en 1975.
Foi o introductor e difusor da obra do portugués Fernando Pessoa en Italia. Traduciu El libro del  desasosiego en 1987 e publicou Los tres últimos días de Fernando Pessoa en 1994.
 Tabucchi era recoñecido pola crítica literaria como un mestre das narracións curtas. En 2010 publicou o libro de contos O tempo envellece rápido, no que continuou explorando o concepto do tempo.
O seu último libro publicado en España foi Viajes  y otras viajes, xa editado en Italia en 2010, no que relata as súas estancias en diversos países do mundo.
Colaborador con diferentes medios de comunicación, entre eles o italiano Corriere de la  Sera ou o español El País, escribiu ademais a obra teatral Los diálogos ausentes, unha aproximación á soidade e a imposibilidade de comunicación.
Distinguido con numerosos galardóns, contaba, entre outros, co premio Luigi Russo, o Campiello, o Premio Campiello, o Scanno e o Premio Médicis; en España, a Asociación de Xornalistas Europeos distinguiulle co premio Francisco Cerecedo de Xornalismo.
Autor dunha obra traducida en 40 linguas, o seu nome soou como candidato ao Príncipe de Asturias e ao Premio Nobel de Literatura, candidatura que avalaba desde 2000 o Pen Club italiano.
(Fonte rtve)

No hay comentarios: