jueves, 15 de marzo de 2012

Contacontos polo Día do Libro Infantil na Axencia de Lectura de Chapela

 Xa sabemos que agardabades por un contacontos nas bibliotecas, e aquí ¡por fin! temos un preparado! Con el celebraremos o Día Internacional do Libro Infantil, que todos os anos se celebra o 2 de Abril*.

Nós festexaremos o evento o VENRES 30 DE MARZO, ÁS 18:30 H., co espectáculo, producido polo grupo Eduvía:
"Dentro dun Conto"
 Trátase dun contacontos un pouco especial, porque non só será escoitar as palabras fermosas, divertidas, interesantes... do contador, como outras veces, senon que, os que queramos, poderemos participar no conto a xeito de peza teatral. Gústavos participar ou preferides ver e escoitar? Desta vez, teremos opción para todos os gustos, só tedes que vir; e é gratuito! Só tedes que vir ese día á Biblioteca de Chapela.

A actividade realizarase grazas ao cofinanciamento entre a Concellería de Cultura do Concello de Redondela e o programa Letras Vivas da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

*A imaxe do noso cartel está tomada do cartel que este ano conmemora o Día Internacional do Libro Infantil por todo o mundo. Todos os anos, o 2 de Abril o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra esta importante data. Este ano é a sección mexicana desta entidade a encargada de difundir este evento, encargando o cartel anunciador ao debuxante Juan Gedovius, e a mensaxe a Francisco Hinojosa.

Publicar un comentario