jueves, 8 de marzo de 2012

En ás da poesía

A Biblioteca Municipal recibiu hoxe unha especialísima dobre visita. Por unha banda 63 alumnos do 1º curso do CEP Santa Mariña achegáronse á mesma para coñecer as súas instalacións e servizos, por outra a poetisa santiaguesa Yolanda Castaño agardaba a estes escolares no auditorio do multiusos para desenvolver unha sesión de Contacontos en verso baseada nos seus libros de poesía para nenos Cando eu saiba ler e Punver. Esta actividade emprazada pola biblioteca neste mes de marzo en que se celebra o Día Internacional da poesía está enmarcada dentro do Programa de Letras Vivas impulsado pola Consellería de Cultura.
 
 

No hay comentarios: