«La poesía es una de las expresiones
más elevadas de la lengua y la cultura. Es la libertad absoluta del verbo y la
creación, elemento constitutivo de la identidad y también, a menudo, ingrediente
de la construcción de nuestra identidad personal, como la música, la danza o las
artes plásticas.»
Mensaje de la Sra. Irina
Bokova, Directora General de la UNESCO, con motivo del Día Mundial de la
Poesía, 21 de marzo de 2012
Cartel conmemorativo do Instituto Nacional de Cultura de Panamá
Mañá, mércores, 21 de marzo, celébrase o Día Mundial da Poesía,
unha homenaxe á palabra poética proclamado como tal na 30ª reunión da
UNESCO, celebrada en París en 1999.
Celébrase cada 21 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera, desde o ano 2001, cos obxectivos de fomentar a poesía, promover o ensino da mesma, volver á tradición dos recitais poéticos, restablecer o diálogo da poesía coas demais manifestacións artísticas, apoiar aos pequenos editores deste xénero, e ofrecer unha imaxe atractiva do poético nos medios de comunicación.
Segundo a UNESCO, mercé ás súas asociacións e metáforas, e á súa gramática singular, a linguaxe poética constitúe outra faceta posible do diálogo entre as culturas. Diversidade no diálogo, libre circulación das ideas por medio da palabra, creatividade e innovación: o Día Mundial da Poesía é unha invitación a reflexionar sobre o poder da linguaxe e o florecimiento das capacidades creadoras de cada persoa, e, sobre todo, o valor da pregunta e do próximo.
O ano pasado, numerosos poetas, editores e amantes da poesía déronse cita na Biblioteca Nacional de España para celebrar a "festa da poesía", recitando os poemas que elixiron eles mesmos. Ademais, a rede de bibliotecas públicas organiza este día múltiples actividades poéticas, nas que tomarán parte creadores, lectores e profesionais das bibliotecas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario