martes, 6 de marzo de 2012

O 85 aniversario de Gabriel García Márquez leva a "Cien años de soledad" ao ciberespazo

Hoxe conmemórase o 85 aniversario dun dos escritores máis senlleiros de todas as letras hispanoamericanas.


Para celebrar tan boa nova, nada mellor que ser condecorado coa Orde de Honor rusa, outorgada polo presidente ruso Dimitri Medvédev.

... E tamén ver unha das obras literarias máis emblemáticas das letras hispanas, "Cien años de soledad", por primeira vez en edición electrónica.

Parabéns, amigo Gabo!

No hay comentarios: