Os clubs de lectura de adultos achegámonos, no mes de Febreiro á novela detectivesca máis clásica; un xénero que, sen dúbida, ten un gran atractivo entre os nosos lectores.
"El caso de la sirvienta desaparecida" é unha proposta divertida, que mistura a intriga, o suspense e boas doses de humor cunha particular visión do panorama social e económico da India actual.
TARQUIN HALL - O autor da novela |
Vish Puri, un detective privado, o Sherlock Holmes da India, a pesares do que rexeita que lle chamen por ese nome, introdúcenos os seus métodos de traballo, e a resolución feliz e exitosa da súa primeira aventura. Ao servizo de Puri traballan unha serie de profesionais da investigación e a espionaxe, pero tamén a súa preocupada nai, que non parará ata asegurarse de que deixa ao seu fillo a salvo.
A frescura da historia, o seu humor, que nos provoca máis dun sorriso, pero tamén o trasfondo da vida urbana dun pais tradicional, exótico e moi heteroxéneo, que camiña a grandes pasos cara á súa adaptación á modernidade... son as claves do éxito desta novela.
Novas historias do noso personaxe xa están nas librarías, e a cousa promete dar para moitas máis entregas. Non vos apetece achegarvos ás súas novas aventuras?
No hay comentarios:
Publicar un comentario