martes, 13 de marzo de 2012

Visita das alumnas de Atención Sociosanitaria do IES Chapela

N

ovamente visita a Biblioteca de Chapela un grupo de estudantes de Atención Sociosanitaria do I.E.S Chapela. Nesta ocasión as alumnas e a profesora da asignatura "Lecer e tempo libre" visitáronnos para coñecer as nosas instalacións e para ter novas de primeira man sobre que servizos ofrece a biblioteca pública á comunidade.

O grupo pudo consultar moitos documentos de interese

Ademáis de falar de nós mesmos, cousa que sempre facemos con agrado pero que pode cansar, optamos por suxerirlles lecturas de ocio que poden constituir para elas materiais de traballo aos que poder recurrir dentro do seu futuro labor profesional. Por que non suxerir actividades de lecer coa lectura para mellorar o benestar das persoas dependentes? Agardamos ter feito algunha suxerencia que vos vala a pena...

Moita sorte no voso traballo, rapazas! Foi un auténtico pracer contar convosco aquí.

Coñecendo novos autores, xéneros e propostas editoriais

No hay comentarios: