lunes, 26 de marzo de 2012

Visita á Fundación Barrié co Club Infantil de Lectura

Unha mañá moi especial de sábado!!

Despois dunha tempada de parón no Club de Lectura Infantil, retomamos a nosa actividade con moita forza e moitas ganas.

E para celebrar que volvemos a xogar e ler xuntos no Club de Lectura, fixemos unha actividade especial, das que tanto nos gustan a todos: unha excursión de grupo.
Algúns nos adiantamos ao resto do grupo viaxando no autobús urbano

A mañá do sábado tanto os rapaces do club como moitos dos seus familiares achegámonos á sede viguesa da Fundación Pedro Barrié de la Maza, onde tiñamos unha cita especial para ver a exposición que estaba nestes momentos na sede: Type in Motion, e facer un obradoiro xuntos para xogar e aprender moitas cousas sobre a tipografía en movemento.
Parte do grupo de participantes (só os "máis valentes" quixemos saír na foto)
 Miriam e mais Lucía, da Fundación, nos recibiron moi calurosamente, e Lucía levounos a un percorrido polas pezas máis importantes. Divertímonos co grupo de coreanos animadores deportivos que son quen de escribir mensaxes co movemento da súa roupa, e co vídeo de Antoine Bardou-Jacquet e Ludovic Houplain para Alex Gopher, todo un alarde de creatividade, así como a curtametraxe de Ludovic Houplain, François Alaux e Hervé de Crécy, Oscar á mellor curtametraxe animada, no ano 2010: Logorama.



Despois de facer a visita e coñecer as pezas máis importantes, dirixímonos cara á aula didáctica, onde puxemos en práctica a nosa propia creación de letras en movemento. Deste xeito, coa técnica stop-motion, filmamos as nosas creacións, divididos en tres grupos, onde pais e fillos colaboraron conxuntamente.

Traballando todos na aula didáctica





Velaquí podedes ver os resultados da nosa experiencia. Só tedes que facer click en cada un destes enlaces.
Agardamos que vos gusten!



E se queredes ver outras das experiencias que se levaron a cabo nestes obradoiros (algúns traballos son tamén moi bos), botádelle un ollo neste enlace:


Por último, para os que querades levar esta experiencia á casa e facer os vosos traballos, só tedes que empregar un programa gratuito, Gimp 2.6, e seguir, paso a paso, as instruccións que nos ofrecen dende o blog da Fundación Barrié. Velaquí tedes o TUTORIAL, que é moi sinxelo. Adiante cos vosos traballos!



No hay comentarios: