viernes, 20 de abril de 2012

Contos Grimmosos! 4/12

"Hansel e Gretel son os fillos dun pobre leñador. Temendo a fame, a muller do leñador (a madrastra dos nenos) convénceo para que leve aos nenos ao bosque, e logo os abandone alí. Hansel e Gretel escoitan o plan da súa madrastra, e recollen coios brancos, para deixar un rastro que lles poda indicar o camiño de volta a casa. Despois de que volven, a sua madrastra convence de novo ao leñador para que os abandoe; con todo, desta vez eles son quen de deixar un sinal de faragullas de pan. Mais os animais do bosque comen o seu rastro de faragullas de pan ocasionando que Hansel e Gretel non saiban volver e se perdan. Perdido xa no bosque, atopan unha casa feita de pan con fiestras de azucre, e empezan a comer dela. A habitante da casa, unha vella muller, convídaos a entrar e prepara un banquete para eles. A muller, con todo, é unha bruxa malintencionada, que construíu a casa para tentar aos nenos, e así poder secuestralos. O seu plan é engordar aos cativos para logo comelos. A bruxa encerra a Hansel, e fai de Gretel a súa serventa. A bruxa tiña pouca vista e cada vez que tocaba a Hansel o brazo para ver se estaba gordo dabondo, este lle daba a tocar un fino óso de polo, co que conseguía alongar a espera. Cando a bruxa está a preparar todo para cociñar a Hansel, ordénalle a Gretel que se meta dentro do forno, de xeito que se asegure que está preparado para cocer. Gretel supón que a bruxa pretende cociñala a ela, así que se decide a enganar á bruxa para que sexa ela a que se meta no forno, e pechalo despois para que xa non poda saír. Despois de coller xoias da casa da bruxa, os rapaces partirán de volta á súa casa para reunirse co seu pai. Alí o atoparon só, trala morte da súa muller. «Así foi que toda necesidade chegou ao seu fin, e eles viviron xuntos en perfecta felicidade».



Sena

P. Grot Johann
Y-Incision

Berkozturk



“Hansel y Gretel: Cazadores de brujas”

150 anos logo dos feitos narrados no conto dos irmáns Grimm, Hansel e Gretel se converteron  nun implacable equipo de cazarrecompensas, adicados a exterminar áss bruxas que se atopan no seu camiño.
Mizna Wada
Adrienne McNellis

Schlötter
Mary Blair

KDodge
John D. Batten


O conto de Hansel e Gretel provén de terras xermanas. Foi recompilado polos irmáns Grimm e publicado en 1812.
...
 A historia  pertence a un grupo moi peculiar de contos populares da idade media. En primeiro lugar, mantén os elementos de iniciación de case todos os pobos indo-europeos, que indican a pasaxe á madurez mediante unha incursión ao salvaxe, que nalgúns casos duraba meses, e ata anos. A estudiosa do folklore medieval Maria Tatar observa algunhas similitudes entre os horrores do Terceiro Reich e a trama de Hansel e Gretel.
...
  ...Tatar suxire logo que os paxaros representan os aspectos salvaxes da natureza, que contribúen a reter aos nenos nos seus dominios, ao comer o camiño de faragullas trazado por Hansel. Os nenos, doutra banda, non teñen reparos en saquear as riquezas da bruxa, xa que a adquisición de tesouros e a posterior remisión á autoridade era unha mostra clara de madurez. Doutra banda, a nai dos nenos, a miúdo suavizada baixo a figura de madrastra, está vinculada á bruxa, ou ben é a bruxa, xa que a morte de ambas se produce ao mesmo tempo, feito que non é casual, como nada que sobrevive durante séculos nunha narración.
Agora ben, todos estes interesantes estudos parten da versión dos irmáns Grimm. Esta conserva moitísimos elementos da tradición popular e esquece outros, tal vez pouco adecuados para o neno victoriano. Hoxe sabemos que o conto, tal e como o presentan os irmáns Grimm, é unha variante desinfectada, inocua, dos horrores arquetípicos do orixinal. A verdadeira historia de Hansel e Gretel fálanos das duras condicións medievais, onde o fame e a falta de recursos facían do infanticidio un horror habitual.

Se alguén nos preguntase se Hansel e Gretel é un conto para nenos non dubidariamos en responder: "si". Agora ben, pensariamos o mesmo se ese mesmo alguén nos preguntase se unha historia sobre abandono parental, infanticidio e canibalismo, é un conto para nenos
Fonte El espejo gótico
Andrey Vahrushew

Anthony Browne


Publicar un comentario