jueves, 24 de mayo de 2012

"Crea e imaxina": aprendéndolles a reutilizar os materiais aos máis cativos de Chapela

 Este mércores Lambonadas de Cores, o grupo de animación formado polo alumnado do I.E.S. Chapela, volvéronnos sorprender a todos co magnífico desenvolvemento do seu obradoiro de creación con materiais de refugallo.

 Facendo as nosas creacións:
Os nosos cativos reciben as instrucións de Lambonadas de Cores
Comezando as tarefas
  Os cativos e cativas de Chapela aprenderon a transformar os rolos de papel hixiénico nuns maravillosos prismáticos para ver o mundo con outra cor, e tamén a facer unhas simpáticas serpes a partir dos cartóns sobrantes dos embalaxes das frutas.


Ben concentrados para facer un bo traballo:

 
Traballar a cor con intensidade ten os seus efectos colateráis... haberá deterxente abondo para quitarme esto?

 


 




Divertímonos xuntos: 
Asinamos un mural coas nosas mans

Recibimos o noso diploma
O noso certificado de artista!
Grazas a todos os cativos e cativas por acompañarnos esta tarde, e a Lambonadas de Cores por coidar tan ben os detalles. Agardamos vernos a próxima semana!

Aquí tedes un vídeo, realizado polos profesores do I.E.S. de Chapela, no que se amosan moitas fotografías da actividade:

No hay comentarios: