acabalo entre a risa, a troula, pero tamén da sensibilidade e a emoción máis intensa, así foi como Fátima Fernández nos achegou moitas historias da súa terra, a Mariña Lugesa, esta tarde na Biblioteca de Chapela.
Estamos moi agradecidos ás nosas maiores de Chapela, as máis afoutas, que despois da súa clase desta tarde se achegaron á biblioteca para escoitar historias que, de seguro, recordarán con moito agarimo.
E pensamos que a todas nos gustou moito, e que quereremos repetir... e tamén achegar aos homes (as historias non son só para as mulleres!) este xeito de diversión e de transmisión oral das historias máis bonitas.
A actividade, realizada grazas á colaboración entre a Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, a través do programa Letras Vivas, foi deseñada e ofrecida especialmente para o grupo de alumnas das clases de Tai-chi e mais de Reforzo da memoria, que todas as semanas se achegan ao Multiusos de Chapela para asistir ás súas clases.
Algunhas destas alumnas non coñecían a biblioteca nin os servizos que esta ofrecía, e a actividade de hoxe serviu para establecer este achegamento, que agardamos poda ter máis continuidade.
Porque os contos non son só para os nenos... agardámosvos pronto e grazas por vir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario