jueves, 31 de mayo de 2012

Rindo e xogando... a cachón!! Última sesión de Lambonadas de Cores cos cativos de Chapela

Xogo de presentación













Foi unha fermosa tarde, a de onte, chea de xogos e diversión, na que os nosos cativos correron, riron, saltaron, bailaron, cantaron, bisbaron ou berraron... e ata escoitaron un conto en inglés.

...A correr!















Con xogos como o Crocodilo rosmón, a Cebra Camila, as catro esquinas de cores, ou a reconstrución do conto dos Tres Porquiños,... mezclados con cancións, risas, pinturas e sorpresas, Lambonadas de Cores volveron sorprender aos asistentes ás súas actividades con moita acción, diversión e ledicia, amosando que o xogo é un camiño moi importante para a aprendizaxe dende as idades máis temperás, e que os nenos son máis felices e desenvolven mellor as súas capacidades cando gozan do xogo en grupo.
Somos trens en movemento




















E nos da un pouco de pena, xa que esta foi a última das sesións de xogos e aprendizaxe infantil que nos adicaron Lambonadas de Cores este ano. A proposta de actividades realizada polo alumnado do C. S. de Educación Infantil modular do IES de Chapela deu moi bos froitos e rendiunos de moitas satisfaccións a todos. É por iso que agardamos poder repetir, e gozar da súa imaxinación, creatividade e orixinalidade para sorprender aos nosos cativos, moi pronto, con novas propostas.
Agardámosvos sempre...!

Aquí hai moitas observacións que facer...

Descubrindo as pistas dun conto
Cantamos xuntos
...E ata a próxima!

Lambonadas de cores, preparados coa súa ledicia e enerxía
Velaquí o último vídeo con fotografías da actividade:

No hay comentarios: