jueves, 28 de junio de 2012

Remate da tempada do club de lectura de Chapela con "El teatro de la vida"

Chegan as vacacións... e o club de lectura de Chapela se despide ata a volta do verán. Pero non é un "adeus", nin un "ata logo", senón un "ata prontiño", xa que a principios de setembro teremos unha actividade coa que reencontrarnos a principios de setembro (... e non podemos dicir máis polo de agora).
A despedida fixémola con este libro tenro, humorístico, absurdo, simbólico... sobre a liberdade, a amizade, a dignidade persoal e as ganas de vivir.

  

O Teatro de la Vida, escrito polo autor alemán Siegfried Lenz (Lyck, 1926), é un libro de apariencia banal e simple, cunha trama sinxela e con moitos toques de humor absurdo e, ás veces, esperpéntico. Tras esa primeira capa futil e lixeira, agóchase un contido máis complexo, plagado de símbolos e matices, que o lector terá que ler entre liñas.

En todo caso, o libro tivo un éxito desigual no club, sendo pouco acollido entre os nosos lectores. Pode consiederarse pretenciosa esta novela? moi disparatada e sen fundamento? Déixovos aquí unha crítica positiva e unha crítica negativa que outros lectores fixeron sobre a mesma obra. Nuns días teremos a novela dispoñible na biblioteca, os que aínda non coñezades a obra poderedes xulgala vós mesmos.

Feliz verano!



No hay comentarios: