martes, 17 de julio de 2012

Libros para o verán... na biblioteca

E cando, mellor ca no verán, nos apetece achegarnos á lectura?
Un momento de descanso, aproveitar o período de vacacións, dos días longos, das tardes con moita luz... para coller unha lectura sabrosa, misteriosa, apaixoante, curiosa....

Pero é que, ademáis, moitos libros, pola súa temática, nos convidan á lectura no verán. Libros que falan sobre as vacacións, sobre aventuras amorosas, sobre a visita ao noso pobo preferido de veraneo, sobre praias, excursións de montaña, selvas e animáis salvaxes, historias en climas cálidos, días de sol...


Na Biblioteca de Chapela convidámosvos a achevarvos a estas lecturas, pois son moi refrescantes. Leolo e mais a Coca Simona xa están a gozar destes libros, e agora queremos que tamén os coñezades vós.






Ata finais de xullo duplicamos o noso préstamo de libros. Que tal se nos facedes unha visita?








No hay comentarios: